sábado, 23 de marzo de 2019

Fabricar o teu propio caderno

Bo sábado lectores!

Hoxe no blog vou a ensinarvos o resultado do meu proxecto de "scrapbooking". Trátase da fabricación do teu propio caderno.



Precisaremos:

Cartón
Papel de scrapbooking
Cola
Folios
Acuarelas e rotuladores
Unha regra
Tesoiras 
Aneis para a encuadernación
Remachadora
Adornos varios

Este é o meu caderno

Tes que recortar o cartón para a portada e contraportada do caderno e pegarlle con cola un papel que che guste.
Cortas os folios á mesma medida e ca axuda da remachadora perforas as follas e o cartón das portadas.
Colocas os aneis para que colla a forma de caderno e non se solten as follas.
Decoras con debuxos divertidos e pegatinas ó teu gusto, ¡e xa tes listo o teu caderno!


Espero que vos gustase a entrada de hoxe e que pasedes un bo fin de semana.

Saludos da meiga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario