Atópase o cadáver da muller desaparecida na praia de Boiro
" A muller faltaba da súa cada dende facía un par de días, a familia levaba horas na súa procura"
Na tarde de onte xoves 4 de marzo, dous rapaces que se atopaban a pasear co seu can atoparon o corpo de unha muller.
Tan rápido como se percataron da súa existencia, non dubidaron en chamar á Policía que axiña chegou para dar cobertura aos dous rapaces.
A policía inspeccionou a zona e descubriu que a muller foi golpeada, aparentemente por varias persoas diferentes e, polo tamaño das fridas, por varios homes (mazaduras de considerado tamaño e rascazos fortes).
Ata o lugar dos feitos tamén se desprazaron membros do 112 e servizos médicos que tan só puideron contrastar a súa morte.
Membros da policía alertaron ós seus familiares para o levantamento do cadáver. O corpo será velado na capela de San Andrés, no concello de Prado do Monte.
Actualmente hai aberta unha investigación e séguese na procura dos supostos implicados.
Fontes de información: O ocorrido na semana e Desgrazas en Galiza.
Autoría: Agrelo Lidia
Lugar: Prado do Monte, ordenador
Data: 6 de marzo de 2018